Serán’02

Details
Start:

June 28 - 11:00 am

End:

June 30 - 02:00 pm

Click to Register: Click to Register
Venue

Cidade da Cultura de Galicia

Cidade da Cultura de Galicia

As bandas de música serán as grandes protagonistas do Serán’02. Encontro Galego de Cultura Popular. O evento, promovido pola Xunta de Galicia para impulsar e pór de relevo a cultura galega de base, volve á Cidade da Cultura de Galicia.

Baixo a dirección artística de Quique Peón, o Serán’02 terá lugar o 28, 29 e 30 de xuño e incluirá concertos de bandas tanto galegas como de fóra de Galicia, así como de agrupacións infantís. Talleres para a cativada, clases maxistrais, obradoiros de baile, conferencias, unha exposicións de instrumentos antigos e un gran baile na Praza Central do Gaiás completarán o programa desta nova entrega que se desenvolverá en distintos espazos do complexo, incluíndo o Auditorio ao aire libre do Xardín do Teatro, que se encontra agora mesmo a punto de rematar as súas obras.

Serán’02 procura así, en palabras de Quique Peón “poñer en valor unha manifestación artística tan arraigada na cultura galega como son as bandas de música, que en moitos casos naceron das pequenas charangas ou murgas que había en tantos lugares da xeografía galega”. A día de hoxe, moitos músicos galegos tocan nas mellores bandas do mundo e as bandas galegas están consideradas entre as mellores de Europa polo seu alto nivel artístico. Segundo estimacións da Federación Galega de Bandas de Música, en Galicia contamos a día de hoxe con máis dun cento de agrupacións que aglutinan a uns 8.000 músicos e no seo das que aprenden música uns 5.000 nenos e nenas.

https://www.facebook.com/events/274164763476771/

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *