Nestas páxinas atoparedes a listaxe de grupos do Barbanza, tamén clasificados por temas. Esta clasificación non é minuciosa para non ter incontables páxinas e decidimos estipular os seguintes grupos, nos que aparecen os músicos e bandas en orde alfabética:

Cantautor. Inclúense os músicos que cantan en solitario ou dúo facendo a súa propia música.

Pop/Rock. Nesta categoría incluímos (a modo de saco) todos os grupos e músicos englobados en estilos como: Pop, Rock, Punk, Metal…

Blues/Jazz. Inclúense grupos que fan estes estilo de música, Blues e Jazz.

Folk. Grupos con influencias da música tradicional ou músicas do mundo.

Reggae. Grupos de música Reggae.

Hip-Hop/Rap. Grupos ou cantantes de Hip-Hop e Rap.

Clásica/Bandas. Grupos de música clásica e outros como: bandas, coros…

Tradicional. Grupos de música tradicional. Aqueles que tamén teñen espectáculo de baile aparecerán, tamén, nesa categoría.

Teatro/Espectáculos. Grupos de teatro, monólogos, magos…

Baile. Grupos de baile.