A Pousada Das Ánimas
Pablo Iglesias, 13
Boiro, Spain, 15930
HORA: 23:30
ENTRADA: 6€
PUNTOS DE VENTA ANTICIPADA:
BALDANI TENDA
A POUSADA DAS ÁNIMAS
ENTRADAS@APOUSADADASANIMAS.COM
Premio Martín Códax 2017 na categoría de Ska, Reggae e Mestizaxe. O Sonoro Maxín xuntouse por primeira vez na primavera de 2007. Hai xa dez anos. Naquel tempo, sen ter nin idea de quen eramos, comezamos a asubiar as cancións que máis tarde iamos descubrir, os nosos pés botáronse a bailar uns ritmos que non coñecían, nos nosos soños apareceron xentes que nunca antes viramos. En abril de 2017, presentamos unha chea de cancións que falan dun lugar da nosa vida que leva o teu nome, baila coma ti e canta coma ti cantas.
O 7 e o 17 son dous números importantes para nós. Tamén son dous números primos. Os números primos distribúense, entre o grupo de números naturais, dun xeito que non somos capaces de percibir. Son cifras singulares que non se deixan dividir por calquera.
O 7 e o 17 son os días de feira en Ourense. Ao redor da praza de Abastos, agrúpanse, nunha distribución que semella aleatoria, o rianxo, postos de roupa, música, ferramentas, libros, calzado, remedios naturais, queixos, complementos… Todo o que che cómpre!
As músicas de “sete dezasete” nacen deste caos organizado, desta feira cambiante que non somos quen de ordear completamente. Cada día na nosa cabeza, nos nosos pés, no noso corazón, na nosa vida imaxinamos o xeito de darlle forma a tremendo desorde.