García Mc & Pequeno Quilombo

Details
Date:

March 23

Time:

11:00 pm

Organizer

Barbanza ao Vivo

Website: Organizer's Website
Venue

A Pousada Das Ánimas

Pablo Iglesias, 13

Boiro, Spain, 15930

HORA: 23:00
ENTRADA: 5€
PUNTOS DE VENTA ANTICIPADA:
BALDANI TENDA
A POUSADA DAS ÁNIMAS
ENTRADAS@APOUSADADASANIMAS.COM

ENLACES DE INTERÉS:
HTTPS://GARCIAMC.BANDCAMP.COM/
HTTPS://WWW.FACEBOOK.COM/GARCIARAPMC

García Mc comeza rapeando letras propias con 13 anos. Ao pouco, aínda na adolescencia, pasa a formar parte do proxecto musical rapeiro Ghamberros. É ademais un dos fundadores do colectivo hip hop Dios Ke Te Crew, co que acadaron unha grande sona en Galicia grazas ao seu primeiro álbum, XÉNESE (2006), facendo innumerables concertos en xiras galegas, por todo o estado español e mesmo en Cuba.
En 2012, froito do seu momento vital e atravesado pola súa relación directa coa realidade indíxena chiapaneca, García lanza ABAIXO E DE PÉ, o seu primeiro traballo discográfico en solitario, realizando unha ampla xira de presentación e mesmo xirando por México. Levou o seu rap en galego a lugares como Dinamarca, Guiné-Bissau ou Portugal, e entende a música como unha ferramenta máis de intervención social e ponte entre culturas. En Decembro de 2013 lanza ABAIXO E DE REMIX, remesturas de Abaixo e de Pé a cargo dos produtores musicais galegos máis destacados.
Ten alma de comunicador, de divulgador e de embaixador cultural, ademais de ser educador independente impartindo obradoiros e conferencias de cultura hip hop desde hai máis dunha década. Ten a súa pegada en ducias de discos de grupos galegos contemporáneos, musicou poemas de Celso Emilio Ferreiro en clave rapeira e formou parte da Banda Fura Fura (Homenaxe ao Zeca Afonso). Ata o 2016 participa activamente tanto en Dios Ke Te Crew como no proxecto de “Foliada Rap and Punk” de Labregos do Tempo dos Sputniks.
A inspiración do vivido no WOMEX 2016 en Santiago de Compostela, a feira de world music máis importante do mundo, foi a que fixo que aflorase esta nova idea: Nación Quilombo. Froito de 20 anos como Mc, García sorprende liderando un espectáculo innovador, unha banda composta por 4 instrumentistas e un DJ onde se combinan os ritmos do mundo e da diversidade con hip hop e coa palabra como centro.