cr
cr

Cris Román

Cris Román é unha cantautora que, ademais de facer concertos estilo cantautor, tamén versiona a súa música íntima en estilo POP-Indie con banda completa.

Tras ganar o Concurso de Santiautor para cantautores noveis, presentou o seu primeiro disco de estudio A Cuentagotas na Sala Sónar en abril de 2016. Ese mesmo ano e tras ganar o Cultivando Música, actuou no Festival da Luz e gravou un LP en Estudios Mans.