Monstruación

Details
Date:

Maio 13

Time:

08:00 p.m.

Organizer

Barbanza ao Vivo

Website: Organizer's Website
Venue

A Pousada Das Ánimas

Pablo Iglesias, 13

Boiro, Spain, 15930

HORA: 20:00
ENTRADA: 5€
PUNTOS DE VENTA ANTICIPADA:
BALDANI TENDA
A POUSADA DAS ÁNIMAS
ENTRADAS@APOUSADADASANIMAS.COM

Dúas bonecas de Famosa e unha de Mattel, vénse desbordadas cando a súa compañeira de xogos, unha nena chamada América, decide abandonalas fronte a unha vida chea de barreiras cíclicas para unha muller. Unha comedia breve monstruosamente monstruosa de Enconarte producciones.
TIPO: teatro breve
XÉNERO: comedia
SUBTIPO: comedia feminista
TON: humor tenro e brutote
TEXTO: Bañobre, Romero, Treus e Vukusic
DIRIXE: Marián Bañobre
PRODUCE: Enconarte Producciones
DURACIÓN: 45 min.
LINGUA: galega e castelán TARGET: +16
“Monstruación”, trata sobre unha Barbie, unha Nancy e máis unha Barriguita que andan inquedas porque á súa dona, “América” (tamén alter ego da “monstruación”), viulle a regra e deixou de xogar con elas. Estes personaxes vanse humanizando paseniñamente e desenvolven as súas vidas individuais: Bárbara, ten milleiros de ocupacións, está operadísima e casada con Ken; Nansy, esquiadora de elite en Alicante, ve a súa vida persoal e profesional interrompida pola súa amiga América e Barri, emigrante dunha reserva india, traballa no teléfono da esperanza, está casada cun curmán ao que lle deu unha chea de fillos e farta por non ter endexamáis feito porcalladas. Cada unha representa a vida menstrual en mulleres diferentes: a que a sofre, a que non se entera de que a ten e a que casi non a tivo por pasar media vida parindo e lactando.
Chegadas a un punto as actrices interrompen a peza argumentando que o que fan non é o axeitado e que de feminista ten máis ben pouco. Logo de varios rifirrafes deciden retomala cun rito de agradecemento ao redor dunha urna chea de compresas, copas vaxinais e tampons para renderlle homenaxe por existir, logo que ao fin e ao cabo, estamos todos neste mundo grazas a ela.