![](https://i1.wp.com/axenda.org/wp-content/uploads/2017/12/4928_image_26170307_533980583629397_5440109241460683946_o.jpg?resize=525%2C545&ssl=1)
Polideportivo Da Cachada
Boiro, Spain
Dende a Asociación Cultural Pedra da Aroña de Escarabote para comunicarlles que este sábado día 30, ás 17:30 h vai ter lugar no Pavillón da Cachada de Boiro, o noso festival de Nadal.
O evento contará con coreografías de baile galego, ballet clásico e varias panxoliñas, tan típicas do Nadal, confeccionadas pola profesora do grupo, Marisé Muñiz. Durante o festival, tamén se realizará o sorteo de moitos agasallos doados por establecementos do concello.
Ademais, como sempre tentamos colaborar cos nosos alumnos e os seus proxectos, este ano actuarán connosco as pandereteiras “As da Canteira” dirixidas por Andrea Romero.
Para máis información, podedes consultar a nosa páxina de Facebook A.C. Pedra da Aroña.