Axenda.org é unha páxina pertencente á comunidade “Barbanza ao Vivo”.
¿Quen somos?… Barbanza ao Vivo intenta ser unha comunidade de músicos, promotores, organizadores e propietarios de locais hostaleiros libre e de balde co fin de publicitar e promover as experincias culurais (musicais, teatrais…) ao vivo. Se pertences a algún destes colectivos e queres participar no proxecto, non dubides en contactar connosco por e-mail ou a través da nosa páxina de Facebook: Barbanza ao Vivo.
========
Locais hostaleiros.
Se algún local hostaleiro que organice música ou outro tipo de eventos ao vivo, considera que debería estar incluído no noso mapa de “Locais ao Vivo”, que non dubide en contactar connosco (a través do formulario de contacto ou por admin@axenda.org). Estaremos encantados de recibilo dentro do proxecto.
Unha vez dentro do proxecto terá acceso á creación de eventos da Páxina de Facebook de Barbanza ao Vivo, canto teña un evento ao vivo (ben sexa música, contacontos, teatro, cómico…) tan só terá que comprobar se xa está creado e, se non o está, crealo na páxina de Facebook e, automaticamente, publicarase en Axenda.org e en outras páxinas nacionais e internacionais de eventos como Allevents ou Evensi.
Participar no proxecto de Barbanza ao Vivo (Axenda.org) é totalmente de balde, sen ningún tipo de compromiso e sen intereses ocultos.
========
Grupos musicais.
Se algún grupo (local, pertencente ao barbanza) quere ser introducido no directorio de grupos ou quere actualizar a súa información, que non dubide en pórse en contacto connosco (a través do formulario de contacto ou por admin@axenda.org) e indicarnos a súa información.
As fichas dos grupos constan da seguinte información: foto, estilo, breve descrición/información do grupo e/ou os seus compoñentes e poboación, nome e apelidos da persoa de contacto, teléfono e/ou e-mail e/ou dirección postal e páxina web oficial. Na descrición do grupo podedes incluír, por exemplo: canal de Youtube, Vimeo, Souncloud, Bandcamp… o que necesitedes.
Se ademais quere participar no noso proxecto, terá acceso á creación de eventos da Páxina de Facebook de Barbanza ao Vivo, canto teña un evento ao vivo (ben sexa música, contacontos, teatro, cómico…) tan só terá que comprobar se xa está creado e, se non o está, crealo na páxina de Facebook e, automaticamente, publicarase en Axenda.org e en outras páxinas nacionais e internacionais de eventos como Allevents ou Evensi.
Participar no proxecto de Barbanza ao Vivo (Axenda.org) é totalmente de balde, sen ningún tipo de compromiso e sen intereses ocultos.