Factoría de Subsistencia

Details
Date:

abril 15

Time:

08:00 pm

Organizer

Barbanza ao Vivo

Website: Organizer's Website
Venue

A Pousada Das Ánimas

Pablo Iglesias, 13

Boiro, Spain, 15930

HORA: 20:00
ENTRADA: 5€
PUNTOS DE VENTA ANTICIPADA:
BALDANI TENDA
A POUSADA DAS ÁNIMAS
ENTRADAS@APOUSADADASANIMAS.COM

ENLACES DE INTERÉS:
HTTPS://WWW.FACEBOOK.COM/JOSITOPORTO13/
HTTPS://WWW.YOUTUBE.COM/USER/DUBIDEOS

A creatividade musical das Rías Baixas e da Limia conflúen neste proxecto de FACTORÍA DE SUBSISTENCIA.

Dúas persoas coas súas propias e respectivas inquedanzas artísticas. Por unha banda Sabela Dacal, ligada ao mundo das artes escénicas, sendo acordeonista-pianista de distintos grupos musicais (actualmente Xestreu e Emilio Rúa) e, pola outra banda, Josito Porto, tamén ligado a ese enganoso mundo das artes escénicas e musicais (din as malas línguas que formou parte de Korosi Dansas e Magritte entre outro proxectos de dubidosa calidade).

A complicidade entre os sons da guitarra de Josito e do acordeón de Sabela marcan un estilo aparentemente sinxelo, sen moitas complicacións, descarnado coma o sorriso nervioso de quen quere aparentar una falsa tranquilidade desde o fondo do seu pozo. Influencias? Moitísimas e ben variadas, tan variadas como a música que escoitamos ao longo das nosas vidas e que, sen decatarnos, foron deixando a súa inocente pegada nas nosas sombras. Poden aparecer pequenas pinceladas que nos leven a pensar en Javier Krahe, SurfinBichos, Nacho Vegas, The Cure, Leonard Cohen, Albert Pla, reminiscencias folklóricas, “Ou non, ao mellor simplemente quixeramos que fose así”ou non.