Chané na Habana

2392_image_22712433_502697563424366_3300034555320822751_o
Details
Date:

octubre 28

Time:

09:00 pm

Organizer

Barbanza ao Vivo

Website: Organizer's Website
Venue

Auditorio De Rianxo

Paseo da Ribeira, 120

Rianxo, 15985

O Auditorio De Rianxo acolle a presentación dun disco único no centenario do pasamento do xenial compositor José Castro Chané. Un concerto con 16 músicos en palco de diversas orixes xeográficas e mesturando estilos e arranxos sobre as melodías de “Chané”. Será o vindeiro 28 de outubro ás 21 h.
Concerto do Alejandro Vargas Rodriguez Consort e a Camerata Egeria coa cantante Rosa Cedrón Oficial para presentar o disco de Chané na Habana, gravado a finais de xullo no Auditorio de Galicia co gallo do centenario da morte do xenial autor José Castro “Chané”. Arranxos actuais sobre o repertorio recuperado de Chané en clave de jazz cun quinteto de excepción arroupados por un camerata de cordas de alto nivel.
Chané na Habana é o novo espectáculo musical ACentral Folque que xunta a un grupo de artistas do mundo do jazz, a clásica e o folk, reunidos especialmente para reinterpretar o repertorio de José Castro “Chané” no centenario do seu pasamento. Alejandro Vargas Consort & Camerata Egeria coa cantante Rosa Cedrón súbense ao palco para tocar, cantar e gravar as cancións do xenial compositor galego.
Co obxectivo de ofrecer unha visión nova e desprexuiciada do clásico galego abórdase a súa obra dunha forma inédita: desde o sentir musical cubano. Chané viviu e desenvolveu grande parte da súa obra na Habana, onde morreu. Hoxe, cen anos despois da súa morte, son unha selección de extraordinarios músicos liderados polos cubanos Alejandro Vargas e José Manuel Díaz os que abrazan e reelaboran o seu repertorio para devolvelo con unha nova vitalidade ao maxín popular galego.
Esta produción está promovida polo Concello de Santiago, o Concello da Coruña e a Cultura da Deputación da Coruña co apoio do Auditorio de Galicia e a Radio Galega e nesta ocasión conta coa colaboración do Concello de Rianxo.
A entrada é de balde ata completar capacidade. Retirada de entradas, máximo 2 por persoa, unha hora antes do comezo do concerto na billeteira do auditorio.